VISITAS

Tiven a sorte de dar cun grupiño de xente co que conxeniei xenial e con eles puiden viaxar e coñecer distintos lugares.

 O parque Gatineau


Toronto e as cataratas do Niágara:



Niagara Falls


Outro día achegámonos a Montreal con todo o grupo de Piale e o noso grupo decidimos quedarnos a pasar a fin de semana, así tamén puidemos visitar Quebec.
Antes, visitamos un lugar con moito encanto, a "Sucrerie de la montagne" onde nos ensinaron o proceso de fabricación do xarabe de arce. Ademais degustamos un bo almorzo con pancakes, sirope de arce e outras delicias varias, todo iso amenizado con música.








 Non podía faltar ir a ver un partido de Hockey.


Todas estas actividades estiveron xenial e non poido máis que agradecer ao meu grupiño de amigos/as por acollerme e facer que o tempo pasase sen darme conta. Graciñas!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

QUÉ É O PIALE?

A FAMILIA

AS CLASES