A VIAXE


O día 14 saímos en autobús un grupo de 40 profesores de toda Galicia hacia Oporto (Portugal) para alí coller un avión hacia Toronto (Canadá). En Toronto collimos outro voo para Ottawa, a capital, onde íamos vivir durante un mes.
Á nosa chegada a Ottawa estabannos esperando as nosas novas familias (host). A min estábame esperando Jennifer Dennis, unha xubilada moi amable e cariñosa que me coidou coma unha filla.
A viaxe foi longa e pesada, oito horas no primeiro avión e unha hora no segundo, despois de estar  varias horas no autobús.
Moita emoción e cansancio misturados!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

QUÉ É O PIALE?

A FAMILIA

AS CLASES