AS CLASES

Durante a miña estadía no colexio Blossom Park puiden ver como traballaban en distintas clases: grade 1, grade 2, grade 2/3 grade 3, grade 4/5, grade 4 (en francés), grade 5/6 (en francés) and grade 6. Foi moi interesante e moi distinta a maneira de ensinar aquí. Chegan moitos nenos/as que non saben nada de inglés pero contan coa axuda do profe de ESL (English as a Second Language). En Canadá non se contempla a repetición en ningún caso. Se o neno/a necesita algunha modificación na forma de ensinar, nos tempos,... (accomodation) faiselle e tamén se contemplan as ACIs (IPL= individual personal learning).


As clases comezan ás 8:30 e rematan as 14:30.
Ao comezo do día poñen o himno por megafonía e todos os nenos/as se poñen de pé e en silencio para escoitalo. Cando remata se dan os avisos do día e se din que nenos/as están de aniversario.
Teñen dous nutrition breaks (momentos para comer) e dous recreos.


Dan moita importancia á lectura. Cada neno/a ten o seu nivel de lectura e os libros adecuados ao seu nivel.


As clases de inglés como segunda lingua estranxeira se dan na clase e con algún nenos/as recien chegados se dan nunha aula específica.



Tamén as matemáticas son moi importantes. Os mestres axudan aos nenos/as a deducir e reflexionar a partir de distintas actividades.


Realizan moitas actividades con traballo en equipo e por tarefas.

Exemplos de actividades feitas na aula:


Comentarios

Publicacións populares deste blog

QUÉ É O PIALE?

A FAMILIA