A FAMILIA


Residimos, durante a nosa estadía en Canadá, en familias. Cada mestre/a nunha familia distinta. Eu vivín con Jennifer Dennis, unha muller xa retirada moi amable e servicial que me coidou moito durante os meus días en Ottawa. Ela é de orixe xamaicana polo que durante a miña estadía provei  sabores novos.
O almorzo facíao na casa e despois o xantar no colexio coa comida que Jennifer me facilitaba. A cea era sobre as seis pero se chegaba máis tarde non había ningún problema.
Os primeiros días deitabame ás nove da noite porque estaba moi cansa. As dúas últimas semanas xa aguantaba ata as once ou así.
As seis e media era cando me erguía todos os días ( a fin de semana un pouco máis tarde). Tiña que coller dous autobuses para chegar ás oito ao cole. A xornada comezaba ás oito e media e remataba ás tres. As tardes tiña libre a non ser cando había algunha actividade de grupo ( teatro, scape room, bolos,...)



Comentarios

Publicacións populares deste blog

QUÉ É O PIALE?

AS CLASES