O COLEXIO

Na provincia de Ontario, onde se sitúa Ottawa, a educación é responsabilidade do Ontario Ministry of Education.
Á súa vez, a provincia de Ontario organízase en distintos distritos escolares dirixidos por un ou máis School Boards. Na cidade de Ottawa operan varios School Boards, o meirande deles é o Ottawa Carlton District School Board (OCDSB).

O centro que me asignaron foi: Blossom Park P.S.,unha escola en Ottawa, que ten dende Infantil ata 2 de ESO (kindergarden to grade 8). Nesta escola ofrecen Middle French Inmersion (é dicir que todas as clases son en francés menos matemáticas e inglés). Outras clases son en inglés e teñen 40 minutos de francés ao día. Non hai mestre ou mestra de Educación Física, son os titores os que imparten esa asignatura.
En infantil dan a clase un día en francés e outro en inglés alternativamente.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

QUÉ É O PIALE?

A FAMILIA

AS CLASES