Publicacións

QUÉ É O PIALE?

Imaxe
PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) é un programa da Xunta De Galicia que conta con distintos itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística en lingua estranxeira axustándose así ás necesidades do profesorado. Eu particularmente escollín a modalidade de inmersión en Canadá durante catro semanas (dende o 14 de outubro ata o 10 de novembro). Un total de 80 profesores nos beneficiamos este ano desta modalidade. 40 para o primero grupo (no que me atopaba eu) e outros 40 para o segundo grupo que viaxaría dende o 11 de novembro ata o 8 de decembro. O meu nome é Mª Angeles Lourés e traballo no CEIPP A Magdalena (As Pontes).

A VIAXE

Imaxe
O día 14 saímos en autobús un grupo de 40 profesores de toda Galicia hacia Oporto (Portugal) para alí coller un avión hacia Toronto (Canadá). En Toronto collimos outro voo para Ottawa, a capital, onde íamos vivir durante un mes. Á nosa chegada a Ottawa estabannos esperando as nosas novas familias (host). A min estábame esperando Jennifer Dennis, unha xubilada moi amable e cariñosa que me coidou coma unha filla. A viaxe foi longa e pesada, oito horas no primeiro avión e unha hora no segundo, despois de estar  varias horas no autobús. Moita emoción e cansancio misturados!!!

A FAMILIA

Imaxe
Residimos, durante a nosa estadía en Canadá, en familias. Cada mestre/a nunha familia distinta. Eu vivín con Jennifer Dennis, unha muller xa retirada moi amable e servicial que me coidou moito durante os meus días en Ottawa. Ela é de orixe xamaicana polo que durante a miña estadía provei  sabores novos. O almorzo facíao na casa e despois o xantar no colexio coa comida que Jennifer me facilitaba. A cea era sobre as seis pero se chegaba máis tarde non había ningún problema. Os primeiros días deitabame ás nove da noite porque estaba moi cansa. As dúas últimas semanas xa aguantaba ata as once ou así. As seis e media era cando me erguía todos os días ( a fin de semana un pouco máis tarde). Tiña que coller dous autobuses para chegar ás oito ao cole. A xornada comezaba ás oito e media e remataba ás tres. As tardes tiña libre a non ser cando había algunha actividade de grupo ( teatro, scape room, bolos,...)

OS PRIMEIROS DIAS

Imaxe
Fomos recibidos por Kari e Constantine no edificio da 440 Albert Street. Durante dous días nos falaron de Canadá e das cousas que tiñamos que ter en conta. Ademais así fomos coñecéndonos. Tivemos a sorte de ir a un restaurante grego onde o pasamos xenial. Graciñas! Despois durante a nosa estadía en Canadá, Kari e Constantine organizaron distintas actividades para todo o grupo PIALE: - Fomos ver unha obra de teatro. - Fixemos unha Scape Room. - Xogamos aos bolos canadienses. - O último día, Kari invitounos a comer na súa casa. Un lugar encantador onde nos divertimos un montón. ao final do día nos deron os diplomas de acreditación da nosa experiencia.

O COLEXIO

Imaxe
Na provincia de Ontario,  onde  se sitúa Ottawa, a educación é  responsabilidade  do Ontario  Ministry  of  Education . Á  súa  vez, a provincia de Ontario  organízase  en distintos distritos escolares  dirixidos  por un  ou   máis   School   Boards . Na  cidade  de Ottawa operan varios  School   Boards , o  meirande  deles é o  Ottawa  Carlton   District   School   Board   (OCDSB). O centro que me asignaron foi: Blossom Park P.S .,unha escola en Ottawa, que ten dende Infantil ata 2 de ESO (kindergarden to grade 8). Nesta escola ofrecen Middle French Inmersion (é dicir que todas as clases son en francés menos matemáticas e inglés). Outras clases son en inglés e teñen 40 minutos de francés ao día. Non hai mestre ou mestra de Educación Física, son os titores os que imparten esa asignatura. En infantil dan a clase un día en francés e outro en inglés alternativamente.

AS CLASES

Imaxe
Durante a miña estadía no colexio Blossom Park puiden ver como traballaban en distintas clases: grade 1, grade 2, grade 2/3 grade 3, grade 4/5, grade 4 (en francés), grade 5/6 (en francés) and grade 6. Foi moi interesante e moi distinta a maneira de ensinar aquí. Chegan moitos nenos/as que non saben nada de inglés pero contan coa axuda do profe de ESL (English as a Second Language). En Canadá non se contempla a repetición en ningún caso. Se o neno/a necesita algunha modificación na forma de ensinar, nos tempos,... (accomodation) faiselle e tamén se contemplan as ACIs (IPL= individual personal learning). As clases comezan ás 8:30 e rematan as 14:30. Ao comezo do día poñen o himno por megafonía e todos os nenos/as se poñen de pé e en silencio para escoitalo. Cando remata se dan os avisos do día e se din que nenos/as están de aniversario. Teñen dous nutrition breaks (momentos para comer) e dous recreos. Dan moita importancia á lectura. Cada neno/a ten o seu nivel de lectura

EXCURSION ESCOLAR

Imaxe
Tiven a sorte de ir de excursión cos nenos e nenas de primeiro e fomos a unha granxa onde viron animais, plantacions e o museo das cousas da granxa. Foi moi divertido e portaronse xenial. Ao Final da viaxe cada neno/a escolleu unha cabaza entre moitas que estaban nun prado para levar para a súa casa. Puiden ir no autobús escolar que é amarelo. excursion canada

OTTAWA

Imaxe
Durante o tempo que estiven en Canadá puiden ver moitos sitios e facer boas amizades cos outros profes do meu grupo. Percorremos a cidade de Ottawa, visitando todo tipo de lugares e coñecendo as súas particularidades. Visitei varios museos: o museo da guerra, o de historia e o da natureza. Byward market é o mercado de Ottawa. Alí nos solíamos reunir.

VISITAS

Imaxe
Tiven a sorte de dar cun grupiño de xente co que conxeniei xenial e con eles puiden viaxar e coñecer distintos lugares.  O parque Gatineau Toronto e as cataratas do Niágara: Toronto Niagara Falls Outro día achegámonos a Montreal con todo o grupo de Piale e o noso grupo decidimos quedarnos a pasar a fin de semana, así tamén puidemos visitar Quebec. Antes, visitamos un lugar con moito encanto, a "Sucrerie de la montagne" onde nos ensinaron o proceso de fabricación do xarabe de arce. Ademais degustamos un bo almorzo con pancakes, sirope de arce e outras delicias varias, todo iso amenizado con música.  Non podía faltar ir a ver un partido de Hockey. Todas estas actividades estiveron xenial e non poido máis que agradecer ao meu grupiño de amigos/as por acollerme e facer que o tempo pasase sen darme conta. Graciñas!!!

ULTIMOS DÍAS

Imaxe
Os últimos días foron días de moitas emocións, por unha parte voltas para casa pero ao mesmo tempo toca despedirse da xente coa que estiveches convivindo un mes. Tiven a oportunidade de ver nevar en Ottawa, o cal me encantou. Ottawa nevada: Despedida no cole: Despedida de Jennifer: Despedida de Kari e Constantine na casa de Kari cunha suculenta comida. Recibimos alí o noso diploma. Quero agradecer especialmente ao meu grupiño de amigos. Esta aventura non tería sido o mesmo sen eles!

VALORACIÓN

Imaxe
A valoración da miña viaxe é moi positiva tanto a nivel persoal como a nivel profesional. A nivel persoal, estar un mes fora do teu ambiente e inmersa nunha cultura e unha forma de vida diferente á túa, resulta moi enriquecedor. Compartir con xente que traballa no mesmo ca ti e que entende do que falas é xenial. Ademais aprendes e melloras o inglés de cara a facer mellor o teu traballo. A nivel profesional, descobres unha maneira distinta de traballar á que ti utilizas no día a día. Sempre se poden sacar cousas para mellorar. Esa é a idea. Os aspectos metodolóxicos destacables da miña estadía en Canadá serían os seguintes:  Respeto e autonomía.  Redución de contidos.  Metodoloxía participativa con moitas actividades orais.  Reflexión, non memorización.  Traballo por tarefas ou proxectos.  Reforzo positivo.  Céntranse na lingua, nas matemáticas e no coñecemento do medio.  O que se pretende é a formación de persoas autónomas no seu aprendizaxe.