VALORACIÓN



A valoración da miña viaxe é moi positiva tanto a nivel persoal como a nivel profesional.
A nivel persoal, estar un mes fora do teu ambiente e inmersa nunha cultura e unha forma de vida diferente á túa, resulta moi enriquecedor. Compartir con xente que traballa no mesmo ca ti e que entende do que falas é xenial. Ademais aprendes e melloras o inglés de cara a facer mellor o teu traballo.
A nivel profesional, descobres unha maneira distinta de traballar á que ti utilizas no día a día. Sempre se poden sacar cousas para mellorar. Esa é a idea.

Os aspectos metodolóxicos destacables da miña estadía en Canadá serían os seguintes:

  1.  Respeto e autonomía. 
  2. Redución de contidos. 
  3. Metodoloxía participativa con moitas actividades orais. 
  4. Reflexión, non memorización. 
  5. Traballo por tarefas ou proxectos. 
  6. Reforzo positivo. 
  7. Céntranse na lingua, nas matemáticas e no coñecemento do medio. 
  8. O que se pretende é a formación de persoas autónomas no seu aprendizaxe.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

QUÉ É O PIALE?

A FAMILIA

AS CLASES